Despois dun longo fin de semana de excursións e coñecemento da gran terra galega (Viva la Patria Galega!!) voltamos con ganas a traballar no Castro, comenzando un pouco tarde xa que nos fixemos unha foto grupal para poder recordar a nosa estancia en Rois.
O traballo no Castro seguiu coma de costume descubrindo misterios e sacando do soterramento pezas únicas de gran civilización castrexa. Foi un día glorioso a pesares das nubes que ameazaban con poñernos pintando. Non se atreveron con nós… ¡Ja, ja, ja!
Trala “escasa e horrible” comida a que nos acostumamos tivemos un momento de relax para coller forzas para a actividade da tarde. Falamos en concreto de xogos tradicionais, onde os monitores, sobre todo Sonia, e a xente de Rois nos tiñan preparados. Explicáronnos en que consistían os xogos populares e pasamos á acción, interactuando con nenos/as, adultos/as e abuelotes/as cos que fixemos equipos. Foi moi bonito ver a varias xeracións de Roisistas compartindo con nós esos momentos e lembranzas da infancia. Xogamos ós trompos, á mariola, ás carreiras de sacos, ás chapas, a levar o aro, a estornela (case un deporte, hoxe en día), á chave, ós zancos… Tamén houbo enredos tradicionais: grilleiras, o estoque, os rodicios, trapecistas… En fin, unha enchenta de cousas, que nos deixaron famentos, así que puxemos a encher o buche e partimos raudos para asistir a un acontecemento glamoroso onde os haia… A proxección de dúas curtas presentadas o ano pasado nese evento de eventos chamado FILMINHO!!!
- A Flor máis grande do Mundo, unha curta de animación baseada nunha historia de Saramago
- Cousas de Kulechov, do que mellor non falar para non fastidiar sopresas. Moi guai.
Fixemos un pequeno Foro, Garci non puido ir, pero chamou para dicir que o sentia no corazón. E logo voltamos ó nosos fogar. Alí David fixo de maestro de ceremonias dunha chea de xogos destinados básicamente a que nos ríramos uns de outros… Moi divertido. Cuidemos apreciar o talento de galanteo dalgúns/has, como soplaban outros, e como palpaban outros máis. Unhas risas.
Tanta excitación deixounos baldados, así que nada… ¡A DURMIR!
No hay comentarios:
Publicar un comentario