Pola mañá Hugo despertounos a todos coa música espectacular de Rafaela Carrá. Como o almorzó non daba chegado pois púxose a comer o churrasco que tiñamos pensado tirar –estaba un pouco pasado pero cando hai fame, hai fame-. Por non variar subimos a traballar ao castro. Para sachar fomos Edi e Sonia d@s monitoras/es, Hugo foi facer cousas súas e Mar unhas xestións do campo de traballo para que @s participantes estean a gusto.
Logo dunha mañá dura de traballo fomos encher a barriga cos pratos tan exquisitos que nos preparan. Comemos os macarróns que sobraran do día anterior polo aquel de non tirar comida pero tamén comemos un rico arroz. Despois volta ao pavillón e tempo libre dabondo, aínda que algún que outro dixo que non le dera tempo a facer a colada -ei Manoliño, que non é por ti!!!-Ás seis fomos ao taller de arqueología, onde Xaquín e Elisa nos puxeron a lavar a cerámica atopada no castro e logo siglamos pezas de cerámca, ósos… a nosa Mariajo foise facer as súas cousiñas “especiais”, movidas cos listados para os destinos, a ver onde lle toca de profe no vindeiro curso… mentres Hugo actualizou o blog na Fundación, onde os arqueólogos ¡e as empanadas de xoubas e zamburiñas!
Como nos dan “pouca” comida tomamos ensalada, xudías con xamón e ovo … e por se fora pouco tamén a famosa empanada!! Javi non tiña fame e dixo que só tomaba a ensalada, repetindo, iso si. Pero como as xudías (feixóns en Rois) tiñan tan boa pinta non puido resistir a tentación e botoulle un prato delas e logo cando chegaron as empandas do domingo deulle pena e aínda colleu un anaco da de xoubas… e por suposto, o postre, claro.
Xa pola noite fomos “interactuar” coa xente de Rois… pero non había moito co que interactuar, así que no Lúa asaltamos as mesas e montamos unha terraza para celebrar o día co CONVITE de David… preciosa sesión de cánticos rexionais marca da casa. Tamén fixemos unha difusión do Campo de Traballo, comentando aos clientes do Lúa quen eramos e que faciamos en Rois.
Na sesión de cánticos cabe destacar as memorables intervencións das representantes das comunidades de Castela-León (Soria) e o “mañico”, alén da ruta de Santurce a Bilbao, uns elefantes que se balancean e bailan a maionesa, a sevillana do enanito… os que apena participaron foron Ajú, o Manué e a Mariano… ata que a aleghría empezou a facer efeto… e entón… había que velos!!! Ai de nós!!! Non pararon de cantarexar e cantarexar. Só pararon para deixar que o Hugo se lucira e nos deixara a todos abraiados, cunha Carolina que esperta ós mortos. Finalmente voltamos tranquiamente ós nosos aposentos amenizando o sono dos roisianos cun hermoso “Paquito el chocolatero” magistralmente representado por Sonia, Lorena, Mariano, Yoli… tito, tito, tito… tatitirará tatíííííííííííí…
Y muy felizmente nos fuimos a dormir y a soñá con los angelitos que mañana toca currá!!!Canta, canta, canta y no dejes de cantar…
No hay comentarios:
Publicar un comentario